A Feira, cada ano máis espectacular.......
Cada
primeiro fin de semana de setembro a feira de ambientación medieval, inunda as
rúas do entorno do Pazo do Cotón. Tres intensos días cheos de actividades,
postos de artesanía e actuacións en directo que se están a converter nunha cita
importante dos meses de lecer na comarca.
Dende
o Concello de Negreira, asumiuse a organización desta actividade na súa
totalidade, apostando forte por unha festa que é un bo reclamo publicitario e
un gran escaparate da nosa Vila para os visitantes.
Aumentáronse
os días, as actividades e tratouse de mellorar diversos aspectos da Feira,
sabedores da importancia a nivel turístico do evento.
Miles
de persoas de toda a comarca participan nesta celebración que ano a ano conta
cun importante esforzo orzamentario.
Negreira trasládase
ó medievo poñendo as súas mellores galas. Os
visitantes dispoñen dun sinfín de actividades incluindo a cetrería, o
tiro con arco ou os xogos populares. Tamén hay diversos talleres temáticos para
o público infantil, nos que poden aprender a realizar traxes medievais, de
maquillaxe, etc.... Ademáis dos postos de artesanía hai varios postos de comida
que fan as delicias do público.
A animación musical é moi
importante contando con grupo de musica medieval de toda España e Portugal.
"Esta celebración recorda, ano tras ano, a historia da Vila e a súa Bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época"
O esforzo de todo un ano, non só queda representado neste día, senón que durante todo o ano o Concello leva a cabo diversas actividades organizando cursos, talleres artesáns, recuperación de traxes de época, exposicións, etc. posibilitando así o enriquecemento cultural da Bisbarra.O Tempo que dura a Feira, é obrigatorio vestirsede época, engalanar os balcóns e introducirse de cheo no S. XII, tempo onde polo Cotón paseaba o ilustre Afonso Eanes.